Profesionais no sector da construción en Ribeira

Ayaso Sobrido, S.L., especialistas en traballos de construción e reforma

Ayaso Sobrido, S.L., somos unha empresa de Ribeira adicada á construción e reforma desde o 2003. Con paixón polo noso traballo, experiencia e compromiso, ofrecemos sempre a mellor solución a toda clase proxectos.

Encargámonos de tódolos traballos relacionados co noso sector: construción vivenda, reforma, rehabilitación, impermeabilización, cantería... Prestamos os nosos servizos en Ribeira, no Barbanza, en Porto do Son e na Pobra do Caramiñal.

O noso propósito é cubrir a demanda do cliente que busca calidade e profesionalidade nun sector maltratado e cheo de prexuízos. Contacta con nós e solicita orzamento sen compromiso.

Servizos

Servizos

Dispón de máis información sobre a nosa actividade e os proxectos de construción que abarcamos.

Traballos

Traballos

En Ayaso Sobrido, S.L., desenvolvemos múltiples traballos relacionados co sector da construción.

Contacto

Contacto

Ponte en contacto cos nosos especialistas para saber máis sobre a nosa actividade e solicitar orzamento.

Solucións construtivas competitivas

A nosa empresa combina a mellor tecnoloxía coas últimas técnicas. En Ayaso Sobrido, S.L., preocupámonos de lograr resultados excelentes sen descoidar nin a estética nin a calidade de cada acabado.

Deste xeito, conseguimos ofrecer solucións adaptadas ás esixencias de cada cliente nun mercado que está en continuo proceso de evolución.

A filosofía de Ayaso Sobrido, S.L., é superar as expectativas do noso cliente e conseguir a súa satisfacción, independentemente do tamaño ou tipo de obra.

Eficacia

Eficacia

Calidade

Calidade

Tecnoloxía

Tecnoloxía

Os servizos máis completos

En Ayaso Sobrido, S.L., destacamos pola paixón e compromiso pola nosa actividade. Por iso e como consecuencia de vivir sempre relacionados con este sector, sabemos o que necesitan os nosos clientes e cubrimos ata o máis mínimo detalle.

Aos traballos principais de construción súmanse os servizos facilitados polos nosos colaboradores habituais: elaboración e deseño de proxectos, carpintería, fontanería, domótica, climatización...

  • Construción de vivendas
  • Reformas e rehabilitacións
  • Reparación de fachadas
  • Cubertas de edificios
  • Impermeabilizacións
  • Cantería en fachadas e muros
  • Traballos de pintura

Solicita orzamento sen compromiso en Ayaso Sobrido, S.L.

Contactar