Servizos de construción, reformas e rehabilitación

Dispón dunha atención integral de man de Ayaso Sobrido, S.L.

En Ayaso Sobrido, S.L., encargámonos de todo tipo de traballos de construción, vivendas unifamiliares chave en man, reformas, rehabilitación, traballos comunitarios en fachadas e cubertas, impermeabilizacións, traballos en cantería, peches... en Ribeira, no Barbanza, na Pobra do Caramiñal e en Porto do Son.

Ademais dos servizos propios, colaboramos con outros profesionais para cubrir tódalas necesidades da obra: deseño de proxectos, movemento de terras, medicións, instaladores, domótica, climatización, eficiencia enerxética, carpinterías...

Non dubides en poñerte en contacto connosco para máis información ou solicitar orzamento a medida.

Construción de vivendas

Construción de vivendas

En Ayaso Sobrido, S.L., contamos cunha gran experiencia en traballos de obra nova. Avaliando os parámetros e indicacións establecidas no proxecto, aportando valor ao mesmo, acadamos o estilo que busca o cliente con calidade e bo servizo.

Comprometémonos con todos os nosos clientes a cumprir sempre cos prazos establecidos, tanto de inicio como de finalización das obras. Non dubides en contactar connosco se queres solicitar máis información sobre os nosos traballos de construción de vivendas.

Reformas e rehabilitación de construción

Reformas e rehabilitación de construción

En Ayaso Sobrido, S.L., tamén nos encargamos dos traballos de reforma e rehabilitación de vivendas unifamiliares, edificios e toda clase de inmobles. Achegamos unha imaxe renovada e máis actual, xunto coa reparación de calquera imperfección que se presente na estrutura tanto polo paso do tempo como por problemas na mesma.

Desde a nosa empresa en Ribeira atopámonos en constante formación para brindarche o último en estilos e as solucións máis innovadoras no campo da construción.

Reparación de fachadas e cubertas de edificios

Reparación de fachadas e cubertas de edificios

No relacionado coa reparación de fachadas e cubertas de edificios, desde Ayaso Sobrido, S.L., abarcamos aspectos como a solución de humidades, patoloxías constructivas, gretas, impermeabilizacións, renovación de paramentos, aillamentos...

Os problemas de humidade e fracturas sobre a superficie non é só un mero problema estético. Lembra que o atrasar a solución destas imperfeccións pode poñer en risco o estado xeral da vivenda e a saúde dos seus usuarios.

Impermeabilizacións

Impermeabilizacións

Desde Ayaso Sobrido, S.L., realizamos a impermeabilización de fachadas, cubertas planas, muros, depósitos...

Utilizamos os materiais máis axeitados a cada proxecto, dende pinturas de poliuretano e láminas de EPDM a solucións a base de cementos hidraúlicos ou láminas de poliamida.

Non importa cal é o soporte ou o tipo de filtración, sempre hai unha solución utilizando o sistema axeitado.

Cantería en fachadas e muros

Cantería en fachadas e muros

Realizamos traballos en pedra e mampostería, sempre garantindo a mellor relación calidade-prezo, axustándonos ao estilo que veña establecido polas características do proxecto.

Dentro dos materiais cos que traballamos, dispoñemos dunha gran variedade de tons e texturas. Traballamos tanto con artigos nacionais como de importación.

Traballos de pintura

Traballos de pintura

Para completar todos os traballos de construción e coidar os acabados estéticos, en Ayaso Sobrido, S.L., abarcamos as actividades relacionadas coa pintura do inmoble.

Actuamos sobre calquera material, estudando as súas características para que desta forma o resultado garanta o seu durabilidad a longo prazo. Os nosos profesionais están comprometidos cunha total eficiencia e profesionalidade.

Colaboradores experimentados

Todos os proxectos de construción e reforma confiados a Ayaso Sobrido, S. L., realízanse integramente, cubrindo todas as fases do traballo. Isto é posible grazas á disposición de colaboradores habituais para as diferentes etapas do proceso:

  • Elaboración e deseño de proxectos
  • Movementos de terras
  • Carpinterías: madeira, aluminio e PVC...
  • Instaladores: electricidade, fontanería, calefacción, climatización, domótica, seguridade...

En Ayaso Sobrido, S.L., atoparás a todo un equipo de profesionais colaborando de forma conxunta, con atribucións ben definidas para conseguir un resultado óptimo. Non dubides en poñerte en contacto connosco para máis información ou solicitar orzamento sen compromiso.

Solicita orzamento sen compromiso en Ayaso Sobrido, S.L.

Contactar